30.4.10

Ai miña naíña!

En Pecados de Compostela xa se está a celebrar o dí da nai, e que mellor forma de facelo que adicándolle as nosas proxenitoras algunhas das frases máis míticas de toda nai que se preste. Chama a atención, como non, o tono imperativo e ameazador de cada unha delas. Que lle imos facer, as nais son así... e así as queremos!!!

23.4.10

en ekinocio "lo bordamos"!!!



Non, non se nos subiron os fumes, trátase de algo máis literal... Decidimos darlle un aire tradicional á mensaxe do Día da Nai para a campaña de Mistelánea e collimos a agulla e o fío para bordar mentres tronaba en Compostela (ordenadores apagados...). 

E así, co xogo de palabras "tu mamá te mima, mima a tu mamá con té" pasamos a tarde facendo labores entre outras cousas. 

Parabéns a todas as mamás no 2 de maio! 

8.4.10

MisTElánea


A nova MisTelánea abreu as súas portas. Con só entrar por elas comeza o deleite! O olfacto é o primeiro en percibir a mistura dos máis que variados tés, roibos e demais infusións da casa. E a continuación o gusto, ó probalos segue a experiencia dos sentidos.
Un té para cada persoa e unha persoa para cada té. E ti de quen ves sendo? Do branco, do vermello, do negro... De todos.
Poximamente descubre MisTelánea na web.

Nova carta Garoa




Chega a primavera e co bo tempo, as flores e o pole o Pub Garoa renóvase. Unha nova carta made in Ekinocio e algún que outro retoque no local. Como non podía ser doutra forma todo con moito estilo e o personal toque Garoa.

7.4.10

VBC

Ultimamente a BBC parece ter unha sucursal na Algalia, sendo correctos, a "VBC". Adicámonos máis que nunca ás "Vodas, Bautizos e Comunións". En especial ás vodas, é o que ten que se che vaian casando os amigos! Facemos invitacións arreo.
Non existen clientes máis esixentes (que se "ponme isto", "quítame aquelo"...) pero tampouco máis agradecidos. E nós encantadas.
Esperamos que esta nosa pequena aportación sexa o comezo dunha feliz vida en común.

QUE VIVAN OS NOIVOS!

6.4.10

Un pouco máis cómodas




Esta semana estamos aínda un pouco máis cómodas (se cabe): por fin temos sofá! Chegou acompañado dalgunha que outra estantería e dun novo cambio na posición do mobiliario. Esto xa parece outra oficina!
Avisamos... é cómodo. Estades convidados a probalo!

Nova incorporación


Chámome Sila e dende fai uns días incorporeime ás filas do equipo Ekinocio. Se a día de hoxe tivese que escoller unha palabra para presentarme sería RECENTE: recente licenciada, recente becaria, recente traballadora, recente aprendiz de deseñadora, recente membro do Café DTurno...
Pese á inexperiencia de quen traballa por primeira vez logo de pasar uns cantos anos "aprendendo" de todo un pouco (seguramente máis da vida que da publicidade), a valoración inicial é máis que positiva.

Espéranme tres meses nos que seguro que me preguntarei unhas vinte veces cada día como facer algo que posiblemente se pode resolver no Illustrator cun simple botón.

Tres meses de dar un rodeo para chegar á casa con tal de ver algún dos meus primeiros traballiños pola rúa.

Tres meses de romperlle a cabeza a cada un dos colegas, pais, irmáns e demais parentela para que pasen por Santiago só para dicirlles con fachenda: "Ese cartel fíxeno eu!"

E tres meses logo dos cales seguro levarei comigo un pouco do verde Ekinocio.

que somos?

Empresa de Compostela dedicada ao deseño gráfico, a publicidade e a comunicación.